Economía e Industria promove un seminario sobre xestión enerxética sostible nas entidades locais no marco do Proxecto E-Sol, para o fomento do uso das fontes renovables en instalacións municipais
A xornada informativa, que se desenvolverá o próximo 18 de xaneiro na EGAP, pretende dar a coñecer as potencialidades de utilización que as fontes renovables presentan para os concellos, así como as diferentes liñas de axuda para o aproveitamento das enerxías renovables e para o fomento do aforro e da eficiencia
No mes de xuño deste ano terá lugar un encontro final de presentación de resultados deste proxecto de cooperación transfronteriza España-Norte de Portugal, liderado polo Inega, que actúa como xefe de filas entre os socios que participan nel
E-SOL é un exemplo máis da aposta estratéxica da Xunta de Galicia pola potenciación das enerxías renovables e do aforro e da eficiencia enerxética
